Sunday 19 de May de 2024

O Plan RUA actúa durante catro días no barrio de Novo Mesoiro


Intervén nunha decena de rúas e prazas que suman unha superficie total de 25.608 metros cadrados

O Concello da Coruña informa de que o Plan RUA actúa, dende hoxe, martes 27 de xaneiro, e ata o próximo venres, día 30, no barrio de Novo Mesoiro, onde intervirá nunha decena de rúas e prazas que suman unha superficie total de 25.608 metros cadrados.
Durante esta intervención en Novo Mesoiro realizaranse distintas actuacións, como limpeza de calzadas, rúas e prazas, colectores e rede de sumidoiros; mantemento de zonas verdes; ou reparación de distintas incidencias. Participarán 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración veciñal. En concreto, realizaranse os seguintes traballos:
. Baldeo de beirarrúas, calzadas e prazas.
. Limpeza e mantemento dos colectores de papel e vidro.
. Reposición de catro colectores.
. Limpeza de 2.600 metros lineais da rede de rede de sumidoiros da zona. Limpeza e mantemento de 90 pozos da rede de rede de sumidoiros e de 150 sumidoiros.
. Mantemento de zonas verdes.
. Mantemento de parques infantís.
. Reparación de 10 incidencias en iluminación pública.
. Mantemento de 5 marquesiñas.
Ademais, aproveitarase esta actuación para a instalación do punto limpo móbil e para a inspección de vehículos abandonados.